ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A XESTIÓN CATASTRÓFICA DOS SERVICIOS SOCIAIS EN VIGO

EU considera que gran parte dos recursos son empregados en “manobras propagandisticas” en vez de traballo concreto no eido dos servizos sociais.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, pediu hoxe formalmente xuntanza ao COLEXIO OFICIAL DE TRABALLADORES SOCIAIS de Galicia ante o que considera un “auténtico relatorio de xestión nefasta de servicios ou actuacións como a situación laboral dos contratados para o albergue, as presións sobre os traballadores do servicio de mediación familiar, a propia convocatoria e proceso opaco das Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), etc….

EU considera agotado o tempo no que dende o goberno municipal solucionábase todo cunha rolda de prensa ou a presentación dun programa. Hoxe a situación de emerxencia social que vive unha gran parte da cidadanía viguesa golpea con toda a crueldade as portas do Concello. Non podemos máis que voltar a denunciar que se anuncian programas con gastos de promoción altísimos (algúns con entrevistas ao alcalde nos medios incluído) e posteriormente os programas non chegan a desenvolverse ou ter un seguemento de se as familias están accedendo ao montante das axudas. Mesmo o nivel de execución final das partidas sociais nos orzamentos non chegan en ocasións ao 50% do orzamentado.

Para EU a situación vai empeorar coa entrada de empresas privadas que como CLECE consideran que os servizos sociais son un “lucrativo negocio” onde non existen nin regras laborais con respecto ao personal profesional que desempeña as tarefas nin as administracións públicas, por motivos varios, exercen control sobre a calidade do servizo que ofertan as concesionarias.

ESQUERDA UNIDA sigue considerando “como única vía para unha xestión de servizos sociais en Vigo acorde coas necesidades da poboación a XESTIÓN PÚBLICA DIRECTA sen concesionarias privadas e con acordo con outras administracións.

Relacionados