EU pedirá explicacións á ministra de fomento ante os atrasos desta liña inaugurada fai uns meses e lembra que o tren CELTA é un tren antigo (ten máis de 30 anos) e simplemente foi repintado.
O coordinador local de EU cualifica de “chapuza” o plantexamento de redución de tempo nesta liña baseándose exclusivamente no feito de que “xa non para en ningunha estación intermedia entre Vigo e Porto” o que é a todas luces a condena de este tren a inoperatividade.
EU pon como exemplo da falla de planificación o feito de que o tren ten que facer parada obrigatoria en Valença do Minho para recoller ao persoal que opera o tramo en territorio portugués e sen embargo non pode recoller pasaxeiros.
Esquerda Unida pedirá á ministra de fomento que reconsidere xunto co seu homólogo portugués a mellora da conexión Vigo-Porto mediante novo tren con paradas nas localidades habituais e con mellora e electrificación da vía. O resto, “son manobras publicitarias sen operatividade real”.