O candidato de ESQUERDA UNIDA ao Concello de Vigo, Rubén Pérez participará maña xoves 14 de abril na manifestación convocada pola asociación AMIGOS DA REPÚBLICA ás 20:00 horas en Vigo e lembra que a II República, da que mañá conmemoramos o 80 aniversario, “entrou polos concellos despois da victoria electoral da esquerda frentepopulista.
ESQUERDA UNIDA pretende, engadíu Rubén Pérez, que a presencia política de ESQUERDA UNIDA no concello servirá para fortalecer a aposta democrática e popular pola III REPÚBLICA. Rubén Pérez presentou algunhas das propostas republicanas de EU como:
· Incorporación do Concello de Vigo á REDE DE CONCELLOS POLA III REPÚBLICA.
· Adopción dos valores republicanos: solidariedade, fraternidade e igualdade a todo o conxunto de propostas programáticas e políticas de ESQUERDA UNIDA en Vigo.
· Institucionalización do 14 de abril como DIA DA REPUBLICA e do 18 de xullo como día de lembranza do xenocidio fascista.
· Coherentemente cos valores democráticos da Repúblican defendemos a potenciación do público, desde un funcionamento eficiente e eficaz como única garantía de redistribución e satisfacción real da renda e os dereitos sociais da maioría da cidadanía. EU orientará a súa actuación preferente cara á xestión directa e dentro desta, a elección de cada modalidade axustarase á natureza e o tipo de actividade e servizos. En todo caso EU expón como elemento diferencial a xestión participativa.
· Racionalización e laicización da vida intelectual, moral… separación entre Igrexa e estado tamén nos ámbitos locais.
· Aumento do peso específico dos concellos na estructura do estado (descentralización).
· Democracia participativa nos concellos. Orzamentos participativos.
· Valorización da herdanza cultural e artística da II República no desenvolvemento cultural e lúdico do Concello de Vigo.