Esquerda Unida defenderá que as alternativas ao transporte privado no centro da cidade de Vigo pasen por aparcamentos disuasorios gratuítos no extrarradio.

Para o candidato de ESQUERDA UNIDA Rubén Pérez a loucura inaguradora das humanizacións fixo que éstas se fixeran sen ningún criterio demográfico das zonas ou de densidade de tráfico rodado polo que as saturacións de tráfico e a desesperación de traballadores e traballadoras por atopar espacio gratuito de estacionamento é notable.

ESQUERDA UNIDA considera que Vitrasa tería que ser obrigada a servir este servicio gratuito entre aparcadoiros gratuitos en base o inxente beneficio do precio do billete (dos maiores de España) e as contínuas subvencións do concello que recibiu estos anos para dar un servicio que na realidade non está chegando á cidadanía.

ESQUERDA UNIDA pide que o concello comece o traballo e estudo para a consecución de espacios geográficos donde ubicar estos aparcadoiros disuasorios, alternativa que xa funciona en cidades como Bilbao dende fai anos e que evitan que miles de coches entren nos centros urbanos cada día.

Relacionados