ESQUERDA UNIDA DEFENDE EN BRUSELAS QUE A NOVA DEPURADORA DE VIGO NON CONCRETA UNHA POLÍTICA EFICAZ DE DEPURACIÓN DE AUGAS NA RÍA

Xunqueira LagaresO eurodeputado de IU, Willy Meyer, defendeu a petición de EU de Vigo redactar de novo o informe sobre a contaminación ambiental na ría de Vigo e considera que o PP está presionando de xeito “brutal” para que as conclusión do informe disfracen a realidade das nosas rías e das políticas de depuración de augas residuais.

O coordenador local de EU, Rubén Pérez, trasladou onte ao eurodeputado de EU Willy Meyer valoracións sobre a propora de informe do Parlamento Europeo sobre a visita que realizaron a Vigo para comprobar o estado das augas da Ría e da política de depuración existente. Para ESQUERDA UNIDA a proposta de informe supón que a nova depuradora servirá como mellora do problema do sistema de depuración de augas en Vigo pero: “para nós, co novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, incumprirá, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares.

EU deu traslado da súa posición de que ter unha edar a pé da ría é unha clara amenaza á nosa biodiversidade e a sectores importantísimos como a pesca e do marisqueo”.

EU sigue defendendo que estamos ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, especialmente na Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático.

Relacionados