EU solidarízase cos traballadores de Barreras pechados no asteleiro e recorda que é o goberno o que ten que mover ficha para defender un sistema de financiación alternativo ao tax-lease se ese non pode ser empregado de acordo a fiscalidade europea.
En todo caso EU considera que esa suposta fiscalidade ten servido para destruir moito tecido industrial co que considera a europa de Maastrich fracasada e en estado de descomposición. Para EU a comisión de competencias é un instrumento para estrangular os sectores industriais do estado español tal e como ten denunciado históricamente IU dende 1994.
O coordenador local de EU dará traslado dun informe completo ao eurodeputado de EU e membro da comisión de peticións do Parlamento Europeo para denunciar ante as institucións europeas o contínuo desmantelamento laboral no sector naval e a alarmante situación na que se poden quedar os asteleiros que teñen contratos en vilo pola suspensión do sistema de financiación tax-lease aprobado pola comisión que dirixe o español Joaquin Almunia.
Rubén Pérez recorda que en menos de dous anos perdimos máis do 60% do emprego no sector naval, feito que coloca á nosa comarca nunha situación futura incerta e pouco esperanzadora.
ESQUERDA UNIDA apoia e solidarizase cos traballadores pechados no asteleiro e participará activamente con eles nas medidas de presión socio-laborais que acorden.