ESQUERDA UNIDA DE VIGO SÚMASE A XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE

Esquerda Unida de Vigo participará activamente na XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE do vindeiro 6 de outubro e que será unha xornada de reivindicación e mobilización en todo o mundo en defensa do traballo decente, isto é, aquel traballo que se fai baixo contrato, cunha remuneración xusta, co dereito a unhas prestacións sociais básicas e respectando os convenios fundamentais da Organización Internacional do Traballo, como son a liberdade sindical, o dereito de folga, a negociación colectiva, a prohibición do traballo infantil e do traballo forzoso, así como a prohibición de toda forma de discriminación laboral.

O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez suliñou que os mecanismos de derrota dos programas de axuste céntranse, por tanto, no impulso deste tipo de  mobilizacións sostidas no tempo que desemboquen nunha folga xeral e a convocatoria posterior dun referendo que rexeite os programas de axuste e abran un novo proceso constituínte no noso país, tal e como logrou o pobo islandés.

A manifestación central desta xornada será en Vigo, con saída ás 19:30 horas dende o cruce de Via Norte con Urzáiz.

Relacionados