[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=Qk6vMGjxwKk&hl=es&fs=1&rel=0&color1=0x5d1719&color2=0xcd311b]
Nota repartida pola sección sindical de CCOO e UGT no Corte Inglés:
Nos 34 anos que O Corte Inglés leva instalado en Vigo, os traballadores e as traballadoras que compomos o persoal sempre consideramos que o cliente é o primeiro e así seguirá sendo, proba diso é a súa fidelidade e a valoración que nos recoñecen nas enquisas que realiza a propia empresa. Nos últimos tempos déronse cambios na organización da empresa que poden ser percibidos polo cliente como peor atención dos traballadores, cando non é outra cousa que a cantidade de funcións a realizar polos vendedores e a escaseza do persoal para dar cobertura ao amplo horario de antención ao público.
A pesar diso a nosa empresa non se destacou precisamente por ser o mellor modelo de relacións laborais cos seus traballadores e traballadoras. A pinga que colmo o vaso produciuse o pasado mes de Abril. foi un feito sen precedentes no mundo laboral, e é o despedimento dunha compañeira tras 34 anos de actividade laboral por ter dúas baixas curtas en dous meses consecutivos.
Despídena por “causas obxectivas” e coa indemnización que recolle esta modalidade de despedimento (20 días por ano con límite de 12 mensualidades), é dicir, unha miseria. Quizais a mellor razón é a que non se di, que ten 55 anos e que, como moitos de nós, xa ten unha serie de “problemillas” derivados dos moitos anos de actividade laboral.
Por iso, os representantes de CCOO e UGT no Comité de Empresa e os compañeiros e compañeiras do Corte Inglés, estamos rivindicando a readmisión desta compañeira.