MOCION PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA RÚA OU PRAZA A MARCELINO CAMACHO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O pasado 29 de outubro morreu o histórico líder de CCOO aos 92 anos despois dunha longa enfermidade.
Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballadores e traballadoras, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra, no exilio, na ditadura e na liberdade sempre loitou xunto aos traballadores e traballadoras.
Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967, detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter.
O 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral de CCOO, organización sindical que dirixiu até 1987.
O 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses das traballadoras e traballadoras.
Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN de 1986 e nas estudantís do curso 86/87.
Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro.
A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa dos traballadores e traballadoras
Polo exposto, SOLICITO
Primeiro.- Considerando os méritos expostos, a súa contribución á defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, así como a súa loita pola conquista dunha sociedade mais xusta e solidaria, procédase á súa denominación coa seguinte proposta: Rúa ou Praza “MARCELINO CAMACHO”
Segundo.- Que se inicien os trámites correspondentes para a instrución do oportuno expediente que sirva para determinar os méritos ou circunstancias que aconsellan a denominación do espazo público da Rúa, coa denominación de “MARCELINO CAMACHO”, ao obxecto de recoller cuantos méritos considérense e reunir canta información e antecedentes estímense conveniente.
Terceiro.- Se de traslado da presente solicitude ao Sindicato Comisións Obreiras así como á familia de Marcelino Camacho para o seu coñecemento.
Asinado
Rubén Pérez Correa