ESQUERDA UNIDA DE VIGO REXISTRA NO CONCELLO DE VIGO UNHA MOCIÓN PARA QUE SE ANTE OS ANUNCIOS DO SERGAS EN CANTO Á COBERTURA SANITARIA

ESQUERDA UNIDA DE VIGO REXISTRA NO CONCELLO DE VIGO UNHA MOCIÓN DIRIXIDA AO PLENO PARA QUE SE PRONUNCIE EN CONTRA DOS ANUNCIOS DO SERGAS EN CANTO Á COBERTURA SANITARIA DOS PARADOS E PARADAS DE LONGA DURACIÓN.

Para EVA SOLLA membro do consello local de EU e da árena de sanidade de EU Vigo o anuncio da Xunta de Galicia mediante decreto publicado no DOG o 9 de setembro que permite bloquear o acceso ao servicio galego de saúde baixo o falaz pretexto do control do fraude xenera un problema grave de indefensión e alarma social ante a posibilidade de aplicar este criterio aos desempregados e desempregadas de longa duración.

Para EU o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas constitúe un ataque social sen precedentes na historia da democracia. O método consiste en bloquear a tarxeta sanitaria a todas as persoas desempregadas que leven máis de 12 meses en inactivo, quedando así sen prestacións médicas e farmacolóxicas.

Esquerda Unida considera inaceptábel e inmoral que a Xunta do PP exclua as persoas desempregadas do sistema público de saúde, que se debería caracterizar polo seus carácter universal. Con unha artimaña propia de estafadores, o Goberno Feijoo bloquea sen previo aviso a tarxeta sanitaria das persoas sen recursos, así cando acoden aos servizos sanitarios non reciben atención médica ata que reciban a Tarxeta Sanitaria para persoas sen Recursos (TSR), tarxeta que para a súa obtención teñen que facer trámites que se prolongan por espazo de máis de medio ano. Durante este tempo a administración galega, actuando como un pirata, aforra a atención médica das persoas máis necesitadas abandonando a unhas 65.000 familias galegas a súa sorte. A prohibición do acceso ás persoas sen recursos á sanidade pública evidencia as verdadeiras intencións antisociais do PP que pretende desmantelar o pouco que queda do estado do benestar.

Moción tarxeta sanitaria

Relacionados