ESQUERDA UNIDA DE VIGO REÚNESE CON CCOO E UXT PARA RESPALDAR Á FOLGA DO 29M

Xuntanza de EU, CCOO e UXT en 2010 antes da FOLGA DO 29S

ESQUERDA UNIDA de Vigo manterá o luns 26 unha xuntanza con Jose Cameselle (Secretario Comarcal de CCOO) e Antonio Juste (da UXT) para dar traslado do apoio de EU á FOLGA XERAL do 29 de Marzo así como aos traballos de concienciación e mobilización que, nestes días previos e ante o acoso de goberno e patronal á convocatoria de folga, fanse indispensables. EU manterá tamén xuntanzas co resto das organizacións sindicais da cidade antes do día 29 para amosar o apoio da formación e a súa aposta por superar diferencias e coordinar unitariamente os esforzos para parar esta contrareforma laboral.

Relacionados