Unha treintena de militantes e simpatizantes de ESQUERDA UNIDA de Vigo realizaron onte un acto simbólico nunha das rúas máis activas da cidade, a do Príncipe, que consistíu nunha cadea humana de “parados” simbolizando unha realidade social as veces invisible que é que case 1 de cada 5 vigueses e viguesas atópase en desemprego ou nun expediente de regulación de emprego. Unha realizade que ESQUERDA UNIDA considera que pode ser afrontada tamén dende ó municipal, dende a defensa dun sector público forte con servicios públicos básicos como a auga, a vivenda ou o transporte remunicipalizados en forma de empresa pública.
ESQUERDA UNIDA alertou de que os tres grandes partidos non teñen propostas reais para a creación de tecido público que xenere emprego. Soment
es anuncian a bombo e prato miles de postos de traballo sen explicar como os van crear. A cidadanía está farta de grandes anuncios que logo acaban nos caixóns do esquencemento dos partidos.
O cabeza de lista de ESQUERDA UNIDA de Vigo interviu durante o acto simbólico reclamando o fortalecemento electoral de EU como garante de que outras políticas de emprego, de cohesión social e de defensa firme dos intereses dos traballadores e traballadoras é posible.
VÍDEO DO ACTO:
[youtube http://www.youtube.com/watch?v=JvZ_6T6e9Tc&w=425&h=349]