Esquerda Unida de Vigo presentou o seu programa de cultura e de defensa da língua galega alertando de que a crise tamén afecta á cultura e a promoción da nosa língua.
Rubén Pérez, candidato de EU ao Concello de Vigo e Xesús Alonso Montero, Catedrático da Lengua Galega e membro da candidatura de EU ao concello de Vigo suliñaron que a cultura é un sector que pode crear emprego e riqueza tamén dende o municipalismo.
ESQUERDA UNIDA defende unha cultura como espazo de socialización e de prestixio do colectivo, educadora da cidadanía nun lecer crítico e creativo fronte ao patrón consumista e individualista. Igualmente é garantía de reafirmación das nosas raíces de identidade como galegos, orgullosos dun idioma nin mellor nin peor que outros, simplemente noso. ESQUERDA UNIDA defenderá en propostas de cultura e defensa da lengua as seguintes prioridades:
- Programas integradores e de calidade, dende o público e coa complicidade do tecido sociocultural da cidade.
- Apoio municipal a salas, locais, bares, etc… que programan alternativas culturais e que non teñen prácticamente apoio municipal.
- Loitar contra a cultura espectáculo (Cow Parade, Regata Cutty Sark …) que dilapidan millóns de euros sen xenerar tecido cultural e defender activamente a micropolítica cultural.
- Ampliación da rede de CASAS DA CULTURA, creación dun ATENEO CULTURAL VIGUÉS e dotar aos barrios que non dispoñen deles un centro cívico (barrios como Lavadores, Beade, Valladares, etc…).
- Creación dunha TV PUBLICA e RADIO PÚBLICA viguesa que dinamice especialmente a cultura e a información plural.
- WIFI en todo o térmo municipal gratuito.
- Loita contra a SGAE e denuncia municipal dos seus abusos.
- Defensa da lengua galega en tódolos ámbitos públicos, evitando que sexa un arma política entre partidos e axudando que sexa o concello a verdadeira arma de inmersión lingüística integradora.
- Impulsar de espazos culturais de contido feminista nas novas radio e televisión públicas.
- Fomento dos ciclos culturais de cine aproveitando as xinerxias locais como LUMIERE ou a ALIANZA FRANCESA.