EU considera necesario que colectivos sociais, veciñais, sindicais e cidadáns a título particular poidan coñecer o estado dos investimentos que se consignan nos orzamentos “de primeira man” xa que é notorio que máis dun 50% dalgúns orzamentos non acaban en investimento real ao rematar o exercicio. Igualmente lembra que estas comisións que se realizan os venres servían para crear unha cultura colectiva do “realmente necesario” das propostas de investimentos.
Para EU unha comisión aberta para o seguimento da inversión clarificaría ante a cidadanía o destino final dos recursos asignados a cada capítulo orzamentario. Por exemplo nunha obra pública cun orzamento pechado canto vai para salarios, canto para materiais, etc… clarificando determinadas cuestións como que o prezo medio do metro cadrado das humanizacións previstas neste orzamento este por enriba dos 5.000 euros nalgunhas rúas.
EU considera que existen mecanismos municipais empregados no pasado como a comisión de seguimento dos investimentos que se celebraba os venres no consistorio e que eran abertas á participación do tecido asociativo da cidade. Lembra que en ocasións eran os propios veciños os que poñíanse de acordo nas ubicacións de instalacións en base a prioridades dos barrios.
Esta figura foi desaparecendo no tempo pola institucionalización do Concello, cada vez máis opaco no capítulo dos investimentos e cun control circunscrito aos concelleiros e concelleiras.
EU sigue considerando factible que gran parte dos investimentos en barrios sexan decididas mediante a fórmula de ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS que non é “preguntarlle o presidente dunha asociación que quere facer” senón artellar un procedemento no que todos os veciños do barrio poidan participar no proceso de elaboración e concreción da proposta.