ESQUERDA UNIDA PIDE IGUALMENTE QUE CONCELLOS E GOBERNO AUTONÓMICO ELABOREN UN PLAN DE TRANSPORTE AEROPORTUARIO COLECTIVO QUE EVITE A COMPETENCIA ENTRE OS AEROPORTOS GALEGOS.
EU recoda que o Concello e a Xunta están financiando con cartos públicos (ate case 100 euros por pasaxeiro) a aerolíneas que posteriormente a pesar de reducir o custe do billete establecen outros cargos inxustos chamados “servicios complementarios” ou como pagos por maletas, excesos de kilos, etc… que obrigan ao pasaxeiro incluso a refacer o equipaxe “in situ” ou pagos de ate 40 euros non facer o check-ing previamente. EU recorda que estas aerolíneas recurtan con estas prácticas dereitos do personal de terra e do pasaxeiro recollidos na lexislación aeroportuaria e nos convenios colectivos do sector.
EU considera importante erradicar á subvención á compañías privada e recorda que a reducción de precio nestas compañías de baixo coste está “maquillada” e significa unha pérda de dereitos do pasaxeiro e de coberturas ante cancelacións, contratempos ou roturas ou perdas de equipaxe. Pide que se elabore por parte de Concello e Xunta un estudo de se realmente a subvención repercute nun 100% no cliente e non na conta de resultados da compañía.
Para ESQUERDA UNIDA plantexar tres aeroportos en Galicia e tres ou catro puntos de entrada do AVE é un disparate absoluto polo que ou Goberno Central, Xunta e Concellos establecen un PLAN COORDENADOR DE TRANSPORTE INTERMODAL (especialmente orientado a transporte aéreo e ferroviario) ou imos seguir tendo unha sangría orzamentaria en materia de infraestructuras con serios problemas de “utilidade pública”. EU pon como exemplo a pérdida de viaxeiros de Peinador, o 17% que será agravada se finalmente chega o AVE a Vigo.
EU recorda que estas rebaixas actúan negativamente no sector das axencias de viaxes e que as compañías presionan á baixa ás mesmas argumentando esos billetes subvencionados como presión para obter máis marxe sobre operación.