ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE QUE A CIDADE PARTICIPE DECIDIDAMENTE NA MANIFESTACIÓ POLA VIVENDA DIGNA E CONTRA OS DASAFIUZAMENTOS DO SÁBADO 16.

pahEU lembra que iniciativas parlamentarias como a presentada por IU  Proposión de Ley de medidas contra el sobreendeudamiento personal y de protección ante procedimientos de ejecución que afecten a personas naturales” son necesarias pero ante o cariz antidemocrático que están tomando os parlamentos tomar á rúa para reivindicar outra política de vivenda e unha modificación sustancial da lei hipotecaria é imprescindible.

A manifestación de Vigo sairá ás 18 horas dende o M.A.R.C.O.

ESQUERDA UNIDA de Vigo apoia a manifestación polo dereito á vivenda que convoca as Plataformas de Afectados pola Hipoteca de Vigo-Tui Baixo Miño e pide unha implicación da cidadanía viguesa.

Para EU, resulta indispensable a mobilización social fronte aos abusos das entidades financeiras -responsables da crise actual- e a complicidade do goberno. A cidadanía está amosándose como un axente útil, que ven de obrigar a un parlamento estatal a tramitar pola vía de urxencia a ILP da dación en pago promovida por centos de colectivos sociais do estado español.

Porque, para EU 420.000 execucións hipotecarias no Estado o últimos seis anos e 220.000 desafiuzamentos son sinxelamente intolerables.

Esquerda Unida mobilizará a toda a súa militancia e simpatizantes para facer da convocatoria un éxito social e cidadá.

Relacionados