ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE NO 28 DE SETEMBRO, DÍA INTERNACIONAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO, QUE NON SE RETROCEDA EN DEREITOS DAS MULLERES AO ABORTO LIBRE E GRATUITO

Na aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción voluntaria do Embarazo. Unha vez máis, os dereitos das mulleres están vulnerándose.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo en Galicia moitas mulleres siguen tendo dificultades este dereito como resultado dunha lei que deixou sen atar temas fundamentais e a pouca vontade política dos diferentes gobernos que participan no seu desenvolvemento.

Cada comunidade autónoma ten aplicado a lei segundo as súas necesidades, intereses e principios. Polo que cada goberno autónomo está a pór os obstáculos que quere para complicar o acceso das mulleres a unha interrupción voluntaria do embarazo. Para verse amenguados os dereitos que a lei confire ás mulleres no acceso, a gratuidade e a confidencialidade. ESQUERDA UNIDA rexeita a unha lei que recorta os dereitos que, en teoría, recoñecía, restrinxindo ao dereito a decidir das mulleres. A lei aprobouse sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) na rede da sanidade pública, sen garantir a equidade territorial, e sen regular o dereito á obxección de conciencia, minguando posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos.

A lei aprobouse mantendo o aborto no código penal e sen garantías no acceso ao aborto ás mulleres que exceden as 14 semanas de xestación, esixindo múltiples informes que prolongan un proceso duro xa para a muller, e que fan perigar a prestación, tendo en conta que se limita por un prazo de 22 semanas.

As mulleres enfrontámonos a gobernos autonómicos conservadores que atentan contra o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo, pondo molestias á lei, abrindo canles para subvencionar organizacións anti-elección, atacando os dereitos xa conseguidos. Lembremos todos que o PP abanderou unha campaña regresiva en contra desta Lei, presentando un recurso de inconstitucionalidade á mesma.

Relacionados