O coordinador local de EU de Vigo, Rubén Pérez, considera que o feito de que pleno do Concello cree agora unha “comisión” para coñecer o estado da concesión do Auditorio Mar de Vigo, amosa que non existe nin seguimento continuo da explotación de servizos municipais en mans privadas nin se coñece se se están a cumplir plegos, prezos e outras condicións incluídas nos pregos concesionais.
ESQUERDA UNIDA xa propuxera en varias ocasións a creación dun CONSELLO LOCAL DE SEGUIMENTO DAS CONTRATAS MUNICIPAIS que integre ao goberno local, oposición, comités de empresa ou delegados sindicais, asociacións de veciños como usuarios e asociacións de consumidores como garantes da calidade do servizo.
Este consello realizaría unha labor complementaria da actual OFICINA DE SEGUIMENTO DE CONTRATACIÓN na que soamente teñen voz e decisión corporativos, dando unha voz á veciñanza ante os graves problemas laborais, dotacionais das contratas, incluso sería para o coordinador local de EU “un verdadeiro garante de que os pregos das concesións están a ser escrupulosamente cumpridos.
O coordinador local de EU cree que o “sobreprezo” que tivemos que pagar pola infraestrutura: orixinariamente cun proxecto de de 85,7 millóns (proxecto orixinal aprobado polo Goberno local en outubro de 2006) e que tivo un orzamento final de 154,5 millóns de euros, xustifica sen dúbida un seguimento continuo da explotación da infraestrutura así como se a explotación por parte da UTE dábase de acordo coas condicións incluídas nos pregos.