ESQUERDA UNIDA DE VIGO PIDE A RE-NACIONALIZACIÓN DE BARRERAS

EU considera indispensable “expulsar” do accionariado a García Costas, Albacora e outros “supostos inversores” que desangraron patrimonialmente ao asteleiro. A privatización do 97 debería ser considerada “fraude e expolio do patrimonio público”.

barreras-astillero-vigo--644x362Alguén terá que explicar por que unha empresa pública mexicana PEMEX pode comprar o maior paquete accionarial e non o pode facer unha empresa pública titularizada pola Xunta e o goberno Central.

EU pedirá no Congreso dos deputados a través do deputado Jose Luis Centella que “o goberno tome todas as medidas necesarias para salvagardar os intereses públicos e o ben xeral evitando que o diñeiro público invertido nesta empresa e o esforzo fiscal de quitas e axudas acabe sendo pasto de intereses alonxados do interese xeral”

O coordinador local de EU considera “indignante” que a solución que a Xunta ten para un asteleiro que no seu día foi público sexa a venta a unha multinacional mexicana e considera que ao igual que fai Francia e Holanda teríamos seriamente que enfrontarnos á lexislación europea en materia de presencia pública no sector da construción naval. Pide que se tomen medidas de “urxencia estratéxica” como en Francia está facendo o goberno cos asteleiros TX en Saint-Nazaire, especializados en cruceiros, que o goberno pretende nacionalizar “aínda contravindo as leis europeas” para salvagardar a “industria estratéxica do país”

EU considera que nin os accionistas actuais nin “operacións de dubidosa transparencia con PEMEX” salvarán o emprego do sector na ría e pide que o goberno central actúe defendendo o artigo 128 da constitución española que dí:

“Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general. Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general.”

Relacionados