Os afiliados e afiliadas de EU escollen este sábado no Hotel Coia de Vigo os máis de 60 delegados e delegadas que participarán o vindeiro sábado 27 de abril na Asemblea Nacional de EU. EU afronta este proceso asembleario nun momento de expansión na cidade de Vigo e en toda a comarca viguesa. A localidade de Vigo terá 34 delegados na asemblea nacional.
O coordenador local de EU en Vigo suliña que as máis de 84 enmendas aos documentos que pasan ao plenario da asemblea comarcal amosan o profundo debate que os homes e mulleres de EU están aborandando sobre a situación actual da organización, especialmente o proceso de converxencia dentro de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA e a concrección de alternativas políticas e económicas á crise capitalista
Esquerda Unida celebra a XI Asemblea Nacional que terá lugar o 27 de abril en Compostela. A situación de emerxencia social na que nos atopamos precisan dunha reacción do conxunto da cidadanía. Co obxectivo de sumar para multiplicar, as teses de Esquerda Unida serán presentadas e compartidas cos diferentes movementos e organizacións sociais e sindicais.
Para o coordenador local de EU en Vigo “é preciso repolitizar e uniformizar o conflicto social, un dos obxectivos desta asemblea é organizar a rebeldía para construír a alternativa que dispute a hexemonía e o poder ao neoliberalismo”. A multiplicidade dos conflictos existentes na sociedade e a situación de emerxencia social, precisa dunha reacción conxunta sen sectarismos, capaz de gañar a batalla dende a rebelión nas rúas.
As teses desta asemblea consolidan a postura de Esquerda Unida cara a construción dun bloque social e político anticapitalista”. A loita común e a construción dun bloque social é o xeito de combater as políticas asoballadores dos gobernos neoliberais, Esquerda Unida abre a organización á cidadanía a través das súas áreas de elaboración colectiva, nas que todas as persoas dispostas a traballar polo ben común teñen cabida para entre todos e todas, artellar a rebelión democrática que nos libere da opresión do capital.