A Agrupación Local de Esquerda Unida en Vigo organiza unha charla-coloquio sobre “Revolucións Árabes: Nacionalismo, relixión e democracia” que terá lugar o Martes día 3 de Novembro no Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo na rúa Oporto ás 20:00h.
A xornada estará dirixida polo médico e escritor galego palestiniano Mohamed Safa, persoa coñecedora in situ dos procesos das expansións democráticas no Oriente Próximo.
Trátase da segunda xornada sobre política internacional organizada por Esquerda Unida de Vigo, que xa promovera a pasada primaveira un acto sobre o conflicto na Ucrania.
A finalidade destes actos é aproximar a xente do común ás realidades destes territorios, fora dos estereotipos e as visións parciais que se dan deles nos medios xeneralistas.
A asistencia é libre, e a organización apostará por un formato que compaxinará a faceta divulgativa coa participativa.