ESQUERDA UNIDA DE VIGO MANTÉN HOXE UNHA XUNTANZA COS COMITÉS DE EMPRESA DE ADIF E RENFE OPERADORA

EU de Vigo nunha xuntanza anterior co comité de empresa de Adif

EU DE VIGO VAI DAR TRASLADO DO APOIO DA FORMACIÓN Á FOLGA DO DÍA 3 DE AGOSTO e a súa defensa da potenciación do transporte público colectivo, onde o tren ocupa un lugar relevante, como método de vertebración nacional, cohesión social e mellora do noso nivel de sustentabilidade.

EU considera oportuna e necesaria a FOLGA XERAL EN RENFE E ADIF despois da aprobación do RDL 22/2012 no referente a materia de infraestruturas e servizos ferroviarios, decreto que , escudándose na precaria situación económica, procede a un novo recorte, esta vez no sector ferroviario, xustificando que a situación económica esixe a máxima eficiencia na xestión dos servizos públicos.

EU trasladará a súa preocupación porque no borrador do 13 de xullo proposto polo goberno, confírmase que de aquí a finais de ano, pecharanse liñas de tren, estacións e servizos que só leven un 15% de ocupación. Con estas medidas, ademais, acelérase o desartellamento do territorio galego que se puxo en marcha coas liñas do AVE.

EU de Vigo trasladará igualmente a constatación da executiva nacional de Esquerda Unidaa de que a inversión pública feita en Renfe se pón agora ao servicio do sector privado.

A “reestruturación” do sector pasa pola creación de 4 Sociedades Mercantiles Estatales que cederán ao sector privado a infraestrutura que precisen minimizando así a inversión privada e maximizando os seus beneficios.

Relacionados