O coordinador local de EU, Rubén Pérez, lamentou hoxe o falecemento de Julio Alonso, que fora coordinador comarca de EU en Vigo, alcalde pedáneo de Bembrive entre 1995 e 1998 e candidato de EU á alcaldía de Vigo nas municipais de 2003.
“Os homes e mulleres de EU”, sinala o coordinador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, “voltamos a vivir con profunda dor o falecemento dun compañeiro que desempeñou labores de coordinación. Lembra Rubén Pérez que fai pouco máis dun ano recibíamos tamén a nova do falecemento de María Luísa Fernández”
Julio Alonso foi un militante exemplar, que “tirou da organización en momentos moi difíciles para o proxecto na nosa cidade”. Con esforzo e traballo decidido, sinala Rubén Pérez, consolidou EU en Vigo o que permitiu a realidade orgánica e de proxección que hoxe este proxecto colectivo da esquerda transformadora ten.
Julio foi un defensor do encontro de forzas políticas e sociais e defendeu modelos de converxencia hoxe socialmente recoñecidos pero que naquela altura resultaban para moitos de difícil consecución. Non se entende AGE nin espacios de confluencia municipal sen xente que teorizou e levou á práctica esta converxencia previamente.
Os homes e mulleres de EU estarán hoxe coa familia a amigos de Julio no tanatorio Vigo Memorial a partir das 17 horas.