ESQUERDA UNIDA DE VIGO EMENDARÁ AS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO CONCELLO PARA 2014 PARA QUE OS CONTRATOS MENORES SEXAN SUBSCRITOS CON PUBLICIDADE E CONCURSO PÚBLICO

RUBEN-EU

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, anunciou hoxe que entre as emendas que prepara a formación están a consignación dos recursos das humanizacións a capítulos de mellora en viais e rúas que perfectamente poida asumir o Concello sen a participación de empresas privadas

Igualmente EU prepara unha proposta de emenda ás bases de execución do orzamento para que os contratos menores de 20.000 euros teñan un concurso e seguimento na contratación igual aos de maior contía.

Esquerda Unida considera que esta “gran alianza de intereses” que PP e PSOE preparan para que “todo siga igual no Concello de Vigo” vai contar coa oposición decidida de EU, que entende que consagran un modelo orzamentario antes formulado por PSOE e BNG e agora polo PP, sen oposición ningunha que poida argumentar e defender outro modelo de orzamento. Rubén Pérez lembra que as principais partidas inasumibles para un modelo orzamentario de esquerdas (deriva de recursos á xestión privada, gastos en publicidade, descontrol das contratas públicas, etc,….) xa estaba presente nos orzamentos anteriores.

EU sigue considerando perfectamente posible establecer un principio de TRANSPARENCIA NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO DE CONTRATACIÓN E CONTRATOS MENORES que para EU artellaríase en tres aspectos principais.

  1. Nos supostos legais de adxudicacións negociadas distintas ás determinadas polo prezo do contrato, a súa utilización interprétese de forma restritiva e con previo informe xurídico da Secretaría Xeral.
  1. Mesmo cando por razón da contía do contrato permítase a adxudicación negociada (con publicidade ou se ela), utilizarase nestes casos o procedemento aberto, salvo en supostos excepcionais debidamente motivados.
  1. Nos contratos menores (e no seu caso nos negociados sen publicidade que por motivos  excepcionais non sigan a regra do apartado anterior) a selección de contratistas realizarase, previa determinación administrativa de prezo e condicións e a debida publicidade na web do Concello, mediante unha solicitude de ofertas por medios telemáticos a todas as empresas que integren a listaxe de entidades capacitadas e que conformaría un rexistro de contratistas, de inscrición voluntaria, e de actualización periódica previa publicidade no BOP, coa adxudicación á oferta que economicamente sexa máis favorable das presentadas, con independencia da súa inclusión no citado rexistro

EU considera que baixo esta nova formulación os contratos escamoteados ou mesmo os de gran contía pero desglosados en varios para evitar o concurso público estarían controlados e con auditoría cidadá

Relacionados