ESQUERDA UNIDA DE VIGO E ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (VALENCIA) UNEN AS SÚAS FORZAS CONTRA OS MACROCENTROS COMERCIAIS DE EUROFUND NAS DÚAS LOCALIDADES .

cartel_conferencia_urbanismoEU de Vigo e EUPV de Paterna celebran en Vigo este xoves 25 un acto aberto sobre os proxectos de PORTO CABRAL (Vigo) e PUERTO MEDITERRANEO (Paterna) como exemplos dun modelo de urbanismo especulativo e con incidencia desastrosa nas economías locais.

No acto, que será no antigo reitorado da rúa Oporto ás 20:00 horas intervirán Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo  e Javier Parra, concelleiro de EUPV en Paterna

EU pretende explicar no acto determinadas “follas de ruta” que comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de Liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.

ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.

EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.

Do mesmo xeito EUPV amosará como o proxecto “xemelgo” de Porto Cabral: Puerto Mediterráneo esconde unha intencionalidade semellante.

Relacionados