Nota de prensa: Esquerda Unida de Vigo denuncia ante o defensor do povo a inexistencia dun albergue na cidade

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA ANTE O “DEFENSOR DEL PUEBLO” O ENÉSIMO RETRASO NA
APERTURA DUN ALBERGUE PARA A POBOACIÓN EN SITUACIÓN DE INDIXENCIA NA NOSA CIDADE

Albergue "Gota de leite"

EU pide que sexa o edificio da GOTA DE LEITE o emprazamento do novo albergue descartando outros usos populistas que, aínda que importantes, non son tan urxentes como o albergue.

O coordenador local de ESQUERDA UNIDA en VIGO Rubén Pérez presentou esta mañán una denuncia ante o DEFENSOR DEL PUEBLO que informa da grave situación que viven as persoas en situación de rúa da nosa cidade así como os atrancos que o goberno municipal e a Xunta están facendo á consecución dun albergue e centro de inserción en Vigo, única cidade de máis de 300.000 habitantes do estado español que carece dun albergue público.

Para ESQUERDA UNIDA unha vez mais o goberno municipal e Xunta de Galicia optan por solucións populistas para o edificio da Gota de Leite obviando unha realidade social que vivimos na nosa cidade. ESQUERDA UNIDA DE VIGO recorda ó goberno municipal que a situación social dos indixentes na nosa cidade é crítica, sobre todo nun contexto de crise económica e aumento do desemprego.

Para EU as administracións teñen que establecer un plan de emerxencia social que priorice investimentos, e os recentes falecementos de personas sen teito na nosa cidade amosan que non se fai absolutamente nada para solventar este problema. Sen negar a necesidade dunha rede de garderías públicas, a ubicación dunha neste espacio non vai solventar un déficit endémico de plazas que temos na nosa cidade polo que pide que antes de facer pequenos parches populistas e de cara ós medios se firme entre Xunta e Concello un PLAN DE REDES DE GARDERIAS PÚBLICA cofinanciado pola dúas administracións e cun estudo previo das necesidades de prazas de garderías nos barrios da cidade.

EU solidarizase coa REDE SOCIAL GALICIA SUR que tanto tempo leva demandando un uso do edificio da Gota de Leite como espacio para a atención destra gave alarma social e de exclusión que vivimos en Vigo dende fai moitos anos.

Texto da denuncia

Relacionados