ESQUERDA UNIDA DE VIGO DENUNCIA QUE NA NOTIFICACIÓN QUE ESTÁ CHEGANDO AOS VECIÑOS SOBRE O INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS NON SE MENCIONA QUE EXISTEN AXUDAS ECONÓMICAS PARA PASALA

urbanismo4EU considera que esta normativa técnica ten un custe elevado as veces moi difícil de afrontar para moitas familias polo que a información sobre a existencia de axudas económicas debería aparecer suliñada na carta que dende a oficina da ITE está chegando estes días a moitas casas

Para o coordenador local de EU Rubén Pérez a ordenanza relativa á inspección periódica das edificacións para determinar o seu estado de conservación non está suficientemente explicada á cidadanía e sobre todo na parte relativa a posibilidade de obter axudas para pasala. Lembra que o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, con data 28 de setembro, aparece publicada á convocatoria de axudas á familias con menos recursos para pasar a devandita ITE e que esta convocatoria remata o 28 de decembro polo que anima á cidadanía viguesa a solicitar estas axudas que curiosamente “nin se mencionan na carta que dende a oficina do ITE está chegando ás vivendas construídas en 1981.

EU considera que este derradeiro tramo do ITE (vivendas feitas en 1981) supón realizar a inspección sobre moitas vivendas unifamiliares construídas nas parroquias onde o desemprego está sendo estes días especialmente virulento. O modelo para solicitar ás axudas está dispoñible na web do Concello de Vigo no link:

http://hoxe.vigo.org/pdf/urbanismo/modelo_solicitude_2012.pdf

EU esixe que esta líña de axudas ten que estar perfectamente visible na notificación que chega aos veciños e veciñas que en numerosas ocasións descoñecen a existencia das mesmas.

Relacionados