O coordenador local de EU en Vigo anunciou igualmente hoxe que deu traslado a ESQUERRA UNIDA DE PATERNA (Valencia) e a IZQUIERDA UNIDA-VERDES DE COLLADO VILLALBA (Madrid) dunha proposta de traballo coordinado contra os tres proxectos da empresa EUROFUND no estado español (PORTO MEDITERRÁNEO, PORTO CABRAL e a renacida intención dun proxecto xemelgo en Collado).
O boletín de EU pretende resumir e explicar a folla de ruta que o presidente da comunidade de montes, empresa, concello e “algúns empresarios locais que actúan como mediadores” están seguindo para facerse cos terrenos de liñeiriños que, curiosamente, son dunha edificabilidade moi alta. Para EU detras dese suposto centro comercial con pista de esquí e lago navegable hai moito máis que unha extratexia de negocios comerciais e oferta de ocio.
ESQUERDA UNIDA considera igualmente que o ámbito a desenvolver no PXOM curiosamente tense que facer no primeiro cuadrienio, co que entende perfectamente “as prisas e pánico” que a algúns lle entraron de repente para relanzar o “corazón do PXOM de Vigo”.
EU considera que Liñeiriños é a plasmación da “tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo” e traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo.
O coordenador local de EU en Vigo anunciou que en vindeiras semáns ESQUERRA UNIDA en Paterna e IU-OS VERDES en Madrid estarán en Vigo invitados por EU para contar a súa loita contra os proxectos de Eurofund así como coordinarse con EU Vigo en estratexias conxuntas e de denuncia dos proxectos faraónicos especulativos
ADXUNTAMOS O BOLETÍN QUE HOXE EMPEZA A SER DISTRIBUIDO EN CABRAL