O pasado 23 de setembro foi o Día Mundial contra a Trata de Persoas con fins de explotación sexuais, dende Esquerda Unida coma organización que posicionase en contra da legalización da prostitución e a favor da súa abolición, cremos que é necesaria unha maior sensibilización e información sobre a Trata de Persoas, xa que é o primeiro eslabón da cadea do negocio da prostitución.
A Trata de persoas é a forma de escravitude maís preto da cidadanía e que nembargantes, resulta invisible: en concreto a trata con fins de explotación sexual que afecta a miles de mulleres e nenas no Estado Español.
¿Qué é a trata con fins de explotación sexual? A captación, o transporte, o traslado, ou a recepción de mulleres (o 98 % das victimas son mulleres) por medio de ameazas, do uso da forza ou outras formas de coacción, do rapto, do fraude, do engano, do abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade, ou pola concesión ou recepción de pagos ou beneficios para obter o consentemento, coa finalidade da explotación da prostitución ou outras formas de explotación sexual.
Preto de 100.000 de mulleres e nenas entran cada ano nos países da UE como victimas de trata con fins de explotación sexual. O Estado Español é un dos principais países de tránsito e de destino en Europa. Aínda que se descoñece a magnitude real do problema no noso país, a maioría das sús victimas son mulleres xoves (entre 18 e 25 anos) con orixen en Brasil, Bulgaria, Colombia, Ecuador, Nigeria, Ucraina, Rusia, Rumania ou Senegal.
Estas mulleres son reclutadas nas zonas máis pobres dos países máis pobres do mundo con falsas ofertas de traballo ou por medio de axencias matroniais, o que pon de manifesto unha vez máis a feminización da pobreza.
Esquerda Unida cree necesario enmarcar a trata con fins de explotación sexual entre as máis atroces violacións dos dereitos humáns e lembra a importancia de identificar as victimas de trata e diferencialas das mulleres inmigrantes en situación irregular.
Ademais lembra a importancia de traballar no ámbito da prevención, actuando nas raíces da trata: a demanda masculina de servizos sexuais comerciais e a feminización da pobreza e a escasez de oportunidades dunha vida digna para millóns de mulleres no mundo. Para isto compre realizar políticas educativas sexuais-afectivas que incidan en raíces culturais da demanda masculina de prostitución e promova relacións afectivas e sexuais maís libres entre homes e mulleres, así coma unha politíca de cooperación ao desenvolvemento eficaz e permanente cós países de orixe das victimas.
Fai click no logo para acceder ao blogue da área de muller de EU Vigo