EU lembra que o custe de voo medio de cada un dos F-16 que vai participar neste festival é de 20.000 dólares e son un arma cun custe de compra de 18 millóns de euros unidade.
Para ESQUERDA UNIDA de Vigo, nuns momentos nos que os propios militares a través a AUME piden que se cancelen os desfiles polo alto custe que suponen de loxística e recursos, parece curioso que se alenten estes festivais cívico-militares que son una clara apoloxía de instrumentos de combate tan brutais como os F-16 causantes de centos de miles de mortes de civís en Serbia, Irak, Afganistán,Libia, etc…
Un F-16 aínda hoxe pode rondar os 10 millóns de euros no mercado militar (en 1998 o prezo de venda dende fabricante a vendedor era de 18 millóns de dólares da época) sendo o típico avión que de segunda man é vendido á países de dudosa lexitimidade democrática como Marrocos ou Turquía que os emprega nas masacres sistemáticas da poboación kurda.
EU considera que celebrar festivais deste tipo en tempos nos que a cidadanía sufrimos recortes, precaridade e degradación dos servicios públicos esenciais é defender un modelo de sociedade baseado na forza militar, no despilfarro no gasto e na cultura da forza fronte a da diplomacia democrática.
ESQUERDA UNIDA lembra que según o propio fabricante, a Lockheed Martin Corp, o custe de cada voo do F-16, aínda en activo no EXERCITO DO AIRE ESPAÑOL, é de 20.000 dólares por aparato e voo.
EU considera necesario erradicar a presencia de aparatos militares deste festivais e centralos nas operacións civís de rescate marítimo, extinción forestal, rescate sanitario, etc.. cunha utilidade social evidente e non discutible como a militar.