ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE PP ESTÁ BOTANDO UNHA CORTINA DE FUME SOBRE O PROBLEMA REAL DO FUTURO HOSPITAL DE VIGO

Para EU de Vigo o debate sobre as obras de infraestructuras e accesos que ten que facer supostamente o concello de Vigo que hoxe introduzo o PP no parlamento é o “problema menor” que agora ten todo o proxecto do novo hospital.

Esquerda Unida sigue considerando que O Novo Hospital de Vigo é unha infraestructura Sanitaria que ten como finalidade a satisfación das necesidades de atención sanitaria da poboación do área de saúde de Vigo, e que o feito de estar concebida mediante explotación de dita infraestructura sanitaria por parte da empresa privada coloca todo o proxecto a unha exposición a inestabilidade empresarial e financeira que estamos vivindo no país.

Igualmente considera que no convenio asinado entre o Concello de Vigo e o SERGAS, no punto sétimo especifícase que o concello executará as infraestructuras, pero unha cousa é executar e outra pagar, polo que o concello se vexa na obriga de executalas, os costes o deberían ser satisfeitos pola empresa que vai a explotar a totalidade do Novo Hospital De Vigo. Ningún Concello debería poñer gratuítamente infraestructuras a inversores privados.

EU tamén considera que, para que ningunha empresa privada se beneficie dos beneficios que se conceden aos equipamentos sanitarios públicos debería modificarse a actual ordenanza municipal sobre o IBI coas seguintes actuacións:

1. Solicitar a modificación da ordenanza fiscal do IBI, no artigo 5.1.i que di: “Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario”

Quedando como segue:

i) Os centros sanitarios da titularidade do SERGAS que se creen con posterioridade a 1 de xaneiro de 2007 e, mentras que continuen afectados a uso sanitario e sexan explotados polo SERGAS.

Relacionados