O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, considera que de novo a fórmula de gasto mediante convenios do plan de emprego e as fórmulas de contratos opacos das humanizacións poñen de novo ao orzamento 2014 na senda das políticas municipalistas populistas.
EU lembra que as poucas diferencias co orzamento de 2013 fan de todo o proceso unha “opereta a tres bandas, cun BNG que agora se opón por cálculo meramente electoral”. EU considera que as prácticas municipais do PP, e polo tanto o deseño orzamentario, consagradas pola nova Lei 27/2013, do 27 de decembro de 2013, son incompatibles co municipalismo progresista e coa actitude expresada polo propio PSOE na FEMP.
EU considera a venda das 40 vivendas de Rosalía de Castro un “novo expolio do patrimonio público” e constata que existen inmobles por toda a cidade de titularidade municipal e sen escriturar o que fai pensar nunha nula xestión do patrimonio e inventario público.
Pide que estas vivendas señan parte do parque social de vivendas de Vigo e que se repense o proxecto arquitectónico da cidade da xustiza en base á rehabilitación de edificios públicos e espazos na propia cidade e non á construcción de novos espazos cun custe de edificación alto.
EU alerta do grave aumento das partidas de subvención directa a Vitrasa sen contraprestación real do servizo, a cuantía semellante no tocante a salarios e retribucións de concelleiros e concelleiras e a persistencia de partidas “exclusivamente publicitarias” en moitos convenios e políticas sociais.
Esta semán EU presentará publicamente a súa proposta alternativa de orzamentos 2014.