ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE O DESFILE DE ESPECULADORES FINANCEIROS COMO JC FLOWERS PARA QUEDARSE CON PARTE DO PASTEL DE NCG BANCO É O EXEMPLO DA VERDADEIRA INTENCIÓN DA BANCARIZACIÓN DAS CAIXAS GALEGAS.

Para ESQUERDA UNIDA o que trasluce deste interés dos fondos de inversión de capital privados polos activos de NCG é esa histórica teima da banca privada de facerse co importante montante do aforro familiar que atesoran as caixas, nun momento donde a liquidez para seguir especulando nos mercados faise esencial.

Esquerda Unida recorda que este inversor privado tiña o 25% do accionariado do Hypo Real Estate cando foi intervido polo goberno alemán ante a insolvencia e risco de moitas das operacións deste banco. Para EU non será o único xa que os activos das dúas caixas galegas, baseados especialmente no aforro familiar son unha “auténtica lambetada” para os inversionistas privados que teñen provocado esta crise financeira mundial.

ESQUERDA UNIDA sigue considerando a bancarización de NCG como o mayor roubo feito ás familias e aforristas da nosa cidade, enaxenando un patrimonio histórico como é a Obra Social das caixas, os centros educativos e culturais dependentes,… e privando á cidadanía de participar indirectamente nas decisións mediante o control público (concellos, xunta e deputacións) nos consellos de administración das entidades.

EU defende que o Concello de Vigo impulse a creación dunha entidade financiera municipal, recobrando os valores das primigenias caixas de aforro e primado o concepto de caixa pública, sen ánimo de lucro e con vocación de eixo de desenvolvemento social e industrial tan necesario na nosa cidade.

Relacionados