O coordenador local de EU Rubén Pérez considera que o encarecemento dos tipos de billete son “xeneralizados” coa salvedade de que os bonificados o paga indirectamente o usuario (a diferencia é abonada polo Concello) e o ordinario directamente o pasaxeiro.
A subida do billete ordinario nun 6,5% coloca o transporte de Vigo nun dos máis caros do estado en comparación co servizo prestado.
EU augura en 2014 un aumento dos 10.700.000 euros que se lle pagou en 2013 a Vitrasa polos servicios de transporte bonificados (lanzadeiras e bonobuses) polo que a suposta conxelación dos mesmos sería “mentira” xa que de xeito indirecto a cidadanía pagaría a diferencia.
Por ese motivo pide coñecer que importe ten pensado pagar o concello a Vitrasa por eses supostos “bonos conxelados” xa que entende que calqueira aumento nestes máis de 11 millóns que paga o concello á concesionaria sería mentir descaradamente á cidadanía. Calqueira aumento no 1.300.000 euros da subvención polas lanzadeiras ou os 9.400.000 euros que paga o Concello de Vigo polo bonobús sería sen lugar a dúbidas unha subida de tarifa, non unha conxelación.
EU pide que se cumpla escrupulosamente o plego do convenio que no capítulo 15 fala de que a concesionaria ten a obrigatoriedade de informar do resultado da explotación da concesión. EU quere saber se o grupo empresarial que ten a propiedade de Vitrasa “está facendo o agosto coa xestión do transporte público”
EU considera necesario ir preparando alternativas a xestión privada do transporte en Vigo, toda vez que “acércanse os prazos de finalización da actual concesión”. EU considera que se dan suficientes motivos xa agora para rescatar a concesión (desmantelamento de liñas no rural, frecuencias sistemáticamente incumpridas…) EU considera que a proposta de “transporte público a demanda, previa chamada ao concesionario” que se está barallando por parte do Concello e a concesionaria, supón xa a evidencia dun problema “estructural de capacidade de ofertar un servicio público de calidade e con carácter social”.