Para EU as noticias que recolle hoxe EL PAIS de que 3 executivos, entre os que se atopa o exdirector xeral de Caixanova, cobraron 23 millóns de euros de prexubilación antes do proceso de fusión é a demostración de que a única saída para a estabilidade das caixas de aforros é a nacionalización e o control público sobre os consellos de administración das entidades de crédito e aforro.
Para o coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez é significativo que fai escasamente uns días o propio alcalde de Vigo loubaba públicamente a laboura de Jose Luis Pego como director xeral da antiga Caixanova, agradecendo os servicios prestados e casi identificando a súa prexubilación como un favor que facía para o bo desenvolvemento futuro da entidade fusionada. Para ESQUERDA UNIDA esa laboura excepcional que suliñaba o alcalde de Vigo ten un nome “10,8 millóns de euros que se levou no peto ao prexubilarse”. Sen considerar este feito ilegal ou fraudulento, EU considera moralmente reproblable que un consello decida aportar esa inxente cantidade de euros a tres executivos meses antes de que se coñeza o valor real da caixa fusionada que actualmente está nos 181 millóns de euros. Para Rubén Pérez que tres executivos cobren de indemnización por prexubilación o 17% de valor real de NCG é un feito gravísimo.
Para ESQUERDA UNIDA, que esta semán comezou en Vigo unha campaña explicativa sobre o proceso de bancarización das antigas caixas de aforros galegas que repartirá miles de dípticos explicativos na cidade, o verdadeiro problema da fusión das caixas e que se fixo tanto por parte do goberno como da Xunta co único obxectivo de satisfacer a voracidade do sector bancario estatal que sempre ollou con cobiza o aforro familiar que atesoran as caixas de aforros