ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA QUE A TOTALIDADE DO IMPORTE ECONÓMICO DO PLAN DE INVERSIÓNS TEN QUE SER DEDICIDO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS EN ASEMBLEAS

RUBENEUEU defende que esta inversión pública procedente do superavit de 2012 (4,9 millóns de euros) consignado ao capítulo 6 do presuposto (Inversión Reais) debería ser sometida a un regulamento de PRESUPOSTO PARTICIPATIVO.

Para EU esto serviría para sondear de xeito evidente se as humanizacións son unha prioridade para os veciños e veciñas da rúa ou barrio no que o Concello de Vigo pretende actuar ou responden ao interés inagurador de cara ás municipais 2015 do goberno local. O sucedido en Gamonal é o exemplo palpable de que interés da corporación local e os veciños é as veces incompatible

EU sigue considerando erróneo a designación destes recursos para humanizacións e pide un plan de emprego directo dende o Concello, toda vez que o Congreso dos deputados aprobou esta posibilidade en decembro de 2013 para os superavit de orzamento dos concellos.

O coordenador de EU, Rubén Pérez, defende que o capítulo donde van a ir consignados os máis de 4,9 millóns de euros de superavit de 2012 é o espazo idóneo para que dende Participación Cidadá se artelle un regulamento decisorio de Presuposto participativo que xa funciona de xeito contínuo en cidades como Sevilla.

Este regulamento significa que os veciños e veciñas, en asemblea directa sen delegación no movemento veciñal pero con partición deste, deciden en que se gastan as inversións consignadas para o seu barrio. Seguro que hai prioridades que os veciños coñecen pero que “chocan co afán ornamental e inagurador dos concelleiros e concelleiras”

EU lembra que a formulación dun Orzamento Participativo fai realidade da implicación cidadá na toma de decisións. Axuda á máxima de procurar unha xestión eficaz, dotando aos Concello de Vigo dos recursos e medios necesarios para garantir a sustentabilidade económica desde a aplicación dos principios de equidade, progresividad e corresponsabilidade fiscal.
EU considera que o proceso para crear este instrumento de participación cidadá en Vigo ten que ter varios compromisos iniciais:

  • Recuperación das comisións de seguemento ou mesmo de Audiencias Públicas anuais co fin de achegar á poboación a complexidade do Orzamento Municipal, as súas características e os seus límites.
  • Posta en común das Ordenanzas fiscais coa representación da cidadanía: as organizacións sociais, as comunidades de veciños, os sindicatos e o empresariado, constituíndo un Consello Económico e Social.
  • Realización de experiencias participativas no deseño de espazos urbanos a través das novas Asembleas (agora de barrio pero no futuro de Distrito e de parroquias)
  • Deseño participado de equipamento municipal co público futuro usuario

Relacionados