EU considera que na cidade de Vigo o pequeno comercio xa estaba notando nestes meses a notable caída de empregados públicos que sinalan os datos do INE e do IGE que din que dos 21.100 empregados públicos do primeiro trimestre de 2011 pasamos aos 19.100 actuais. EU considera que a eliminación de 19.100 pagas extras de nadal é “inasumible para o pequeño comercio, especialmente o que compite directamente coas grandes áreas comerciais”. O PP está firmando a sentencia de morte do pequeno comercio e a pyme local que vai ser incapaz de trasmitir o custe de elevar o IVE ao cliente sen asumir perdas directas”: engade Rubén Pérez coordenador local de EU en Vigo.
Para ESQUERDA UNIDA de Vigo a subida do IVE é o sablazo que o mal gobernante pégalle a todos os seus compatriotas que xa están moi castigados pola crise. EU recorda que foi o propio Mariano Rajoy o que durante o mandato do PSOE dixo literalmente no parlamento: “Subir o IVE é un disparate porque a subida do IVE afecta fundamentalmente a pensionistas e parados”
Para EU a solución non é subir un imposto que pagamos todos igualmente independentemente da renda, a solución pasa por loitar contra o fraude fiscal, incrementar impostos sobre os beneficios empresariais, fiscalizar as sociedades de inversión de capital variable SICAV que tributan actualmente ao 1%, retomar a integridade do imposto de patrimonio, e un largo etcétera de medidas de reforma fiscal que EU ten exposto sistematicamente aos gobernos do PSOE e do PP sen resultado.
EU mobilizarase activamente o 19 de julio con CCOO e UXT na nosa cidade e no conxunto do país contra estre novo roubo da plutocracia económica que sangra ás capas populares do estado español. Non queda outro camiño que enfrontarse dende a rúa a esta agresión sen precedentes.