ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA PROPIA DA “DEREITA RANCIA” A POLÍTICA DE PERSECUCIÓN E CRIMINALIZACIÓN DO ALCALDE DOS COLECTIVOS SOCIAIS QUE SE OPOÑEN Á ROTONDA DE COIA

coia1O coordinador local de EU considera pide a Policía Local que denuncie ante o comité de empresa e inspección de traballo o uso “paramilitar” que o alcalde pretende facer do corpo e considera que non deberían entrar no xogo de criminalización que pretende impoñer o goberno local.

EU denuncia as detencións arbitrarias e calculadas de activistas sociais do barrio que pretenden crear un clima de criminalización dos movementos sociais implicados na loita contra o despropósito da colocación do barco Bernardo Alfageme na rotonda.

Para EU, que estivo presente en moitos das concentracións que realizaron os veciños e veciñas de Coia, nin existe violencia por parte dos manifestantes nin as organizacións políticas actúan como instigantes de nada. Rubén Pérez considera que “EU, ANOVA, PODEMOS, O BNG, EQUO, OS VERDES, etc…. son organizacións que colectivamente suman moito espazo social e representativo nesta cidade e que entenden que teñen que estar donde os veciños e veciñas reclaman o seu apoio”.

Rubén Pérez suliña que quen ten que aclarar o procedemento de adxudicación da obra, a xustificación da mesma como mantemento e o uso da policia local como “tropa de asalto” é o alcalde que parece non entender que o corpo creouse para outros fins radicalmente diferentes dos que pretende empregar dende a Alcaldía.

EU considera perfectamente válida a proposta a ASAMBLEA DE COIA de someter a referendo a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda “perfectamente dende o regulamento de participación cidadá, arbitrariamente adormecido por este goberno municipal, e perfectamente válida dende as máis básicas prácticas de democracia participativa que o PSOE di defender”.

Relacionados