EU LEMBRA QUE ESTE TIPO DE “AVENTURAS ESPECULATIVAS” XA LEVARON A VULCANO A ACTUAL SITUACIÓN CRITICA COA COMPRA DO ASTELEIRO JULIANA (ANTIGUO IZAR XIXÓN) NO 2008 CON FINES “NADA CLAROS”.
EU considera que o PXOM de Vigo deixa en situación de indifensión ao noso sector industrial ao non blindar o uso exclusivamente industrial do solo que actualmente acolle industria.
O coordenador local de EU Rubén Pérez lembra que parece que algúns non teñen “memoria recente” de cómo as aventuras especulativas dinamitaron industrias como GEA ou máis recentemente Alfageme. Para o coordenador de EU en Vigo se a recalificación de parte dos terrenos do asteleiro é a única solución que aportan os donos e directivos de Barreras deberían abandonar o sector por manifesta incapacidade empresarial.
Rubén Pérez recorda que noutro asteleiro da nosa cidade como VULCANO a quen prácticamente o goberno lle regalou (2,8 millóns de euros) o asteleiro JULIANA (nome que tomou IZAR XIXÓN despois da privatización) deuse unha aventura de intento de recalificación de solo industrial con fines “nada claros” relacionados co uso inmobiliario dos terreos do asteleiro e que para nada aseguraban o futuro industrial do asteleiro asturiano. Nun acto auténtico de rapiña dunha empresa pública que pasaba a mans privadas a un precio irrisorio, algo que foi reiteradamente denunciado polos traballadores do asteleiro asturiano.
ESQUERDA UNIDA se pregunta porque se lle vendeu entón a unha empresa como VULCANO un asteleiro público cando o astelerio vigués acababa de saír de unha suspensión de pagos e os seus propios terreos estaban afectados polo PXOM de Vigo, algo que invita a sospeitar que todo se trataba dunha operación inmobiliaria para facerse cos terreos da IZAR XIXÓN. Non pode ser que un sector estratéxico e xenerador de emprego como é o sector naval quede á deriva en mans de “aventureiros do ladrillo” e de un modelo de construcción europea que desmantela orquestadamente o futuro industrial do estado español e nomeadamente de Galicia.
Igualmente pide o MINISTERIO DE INDUSTRIA o estudo da volta ó sector público dos asteleiros en situación de crise así como unha posición do goberno municipal de esquerdas impedindo que se recalfiquen os terreos industriais da nosa cidade en outras figuras urbanísiticas que teñen dado nestes anos como resultado a crise brutal da nosa economía.