ESQUERDA UNIDA DE VIGO CONSIDERA “ABSOLUTAMENTE INÚTIL” A SUBVENCIÓN A VOLOTEA E LEMBRA QUE MÁIS DO 50% DOS VIAXEIROS DE PEINADOR SON POR MOTIVOS LABORAIS

peinadorEU de Vigo pedirá un seguemento mensual da ocupación destes voos, eminentemente turísticos, e que a empresa informe puntualmente dos precios dos billetes (subidas e medias mensuais). Igualmente pide garantías de que os voos non serán estacionais ligados á temporada estival.

EU considera que a batalla que ten que dar o Concello de Vigo é pedir a consideración dos voos a Barcelona, Bilbao e Madrid como “OBRIGACIÓN DE SERVICIO PÚBLICO” e polo tanto bonificarse por parte de AENA en canto a tasas e custes aeroportuarios con custe directo ao Ministerio de Fomento

Rubén Pérez, coordenador local de EU en Vigo, considera que outra vez algúns pensan que a subvención aos voos de forma directa incide na ocupación dos mesmos, erro que cometen Xunta e gobernos locais de Coruña e Compostela. A COMISION NACIONAL DA COMPETENCIA nos seus informes anuais establece claramente que os máis de 250 millóns de euros en axudas á compañias entre 2007 e 2011 non serviron para facer viables as rutas comerciais en casi ningún aeroporto e moitas das axudas simplemente serviron para maquillar resultados económicos das compañías.

Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo, considera que a mellor axuda que se pode facer para que os vigueses e viguesas usemos o aeroporto e crear a figura, xa existente en Renfe, de OBLIGACIONES DE SERVICIO PÚBLICO por Parte do Ministerio de Fomento alomenos da liña aérea VIGO-MADRID e VIGO-BARCELONA e polo tanto habilitar axudas en forma de rebaixas das tasas e prezos dos billetes. Xa vai sendo hora, engade Rubén Pérez, de entender que deixar o transporte aéreo ás leis de libre mercado e pretender que as axudas a compañías privadas repercutan no precio final do billete é imposible.

Relacionados