Outra vez o goberno alíase coa patronal contra os traballadores
e as súas demandas lexítimas.
A actitude desmesurada e fascista da policia, no día de onte contra os traballadores do metal en Vigo, non ten ningún tipo de xustificación. Os traballadores no exercicio dun dos seus dereitos constitucionais como é a folga, levaban a cabo coma outras veces cortes de tráfico e o intento de ocupación pacífica do Concello. Feito este último que provocou unha carga policial brutal contra os traballadores alí concentrados. Esto provocou a ola de cortes de tráfico e incidentes que duraron toda a mañá, respondidos pola policía como si dunha dictadura se tratara. O resultado forón varios traballadores e cidadáns feridos.
Nesta tesitura hai varios responsables claros, o primeiro deles, a patronal (digna dun país do terceiro mundo) ca sua negativa a unha negociación xusta para os traballadores, segundo, o subdelegado do goberno por ordear estas cargas policiais brutais o cal nos fai pensar que so é un lacaio da patronal, terceiro, a Xunta de Galicia por non forzar unha mediación clara e xusta para os traballadores, e cuarto, o alcalde de Vigo por non se opoñer a represión dos traballadores senon todo o contrario.
Estas actitudes so van levar a un conflicto mais longo e mais duro. Os traballadores, e non so os do metal estánse a xogar moito neste pulso por conquerir uns dereitos laborais dignos e xustos.
A dobre vara de medir e outro feito salientable. Nesta cidade fanse cortes de tráfico moi a miudo por éxitos deportivos de clubes de aquí e de fora, tamén se fan procesións varias, e non pasa nada. Nembargantes cando de traballadores se trata, o resultado está a vista, atácalos con todos os medios policiais e criminalizados.
O día 12 de Xuño hai convocada folga xeral de todo o Metal da provincia de Pontevedra, e dende Esquerda Unida de Vigo facemos un chamamento a todos os traballadores para que respalden e acudan as movilizacións do Metal. Os traballadores non imos pagar a súa crise.