O coordenador local de EU en Vigo Rubén Pérez comenzou onte unha rolda de contactos solicitada pola formación a colectivos sociais: veciñais, sindicais, culturais, etc… da cidade. Nesta volta EU mantivo xuntanza coa federación de xubilados e pensionistas de CCOO.
Rubén Pérez considera “extremadadamente grave” que segundo recolle esta lei os concellos non podan crear empresas públicas para xestionar a auga, o transporte ou mesmo os servizos sociais máis básicos.
EU alertou que o borrador definitivo que o PP presentou no Consello de Ministros ven a confirmar os temores dun intento de dinamitar a autonomía local nun contexto no que “os argumentos sobre o excesivo endebedamento dos concellos” son completamente falsos, estamos falando, engade Rubén Pérez, dunha realidade económica donde os concellos apenas chegan a unha deuda equivalente ao 5% do PIB mentras que a suma de tódalas administración públicas supera o 70%.
Para ESQUERDA UNIDA a reforma supón claramente o fin do municipalismo en numerosas vilas de Galicia e do conxunto do estado pretextando falsidades e argumentos falaces como a “reducción de costes” ou a “eliminación de duplicidades”. Estamos diante dunha reforma que atenta contra o cerne da democracia representativa e da participativa aquela que ten arraigo nos concellos máis pequenos, consolida a privatización dos servizos públicos municipais e favorece a iniciativa privada desenvolvendo o infumable artigo 105 da Constitución que prima o pago da débeda sobre calquera consideración política e social.