EU de Vigo comezou onte os traballos para configurar un amplo debate social orientado a ir concretando propostas programáticas dentro do proceso de CONVOCATORIA SOCIAL que lanzou IU a nivel Federal.
Coa participación de afiliados, simpatizantes, membros de colectivos sociais e cidadáns a título individual, EU de Vigo abriu a súa asemblea para coñecer as propostas da cidadanía activa, nun momento no que a rúa pide as forzas políticas democracia orgánica e modelos participativos amplos.
Na presentación da CONVOCATORIA o coordenador local de EU, Rubén Pérez, recordou que esta proposta nútrese das propias orixes de EU que, como movemento político e social, nace das plataformas plurais que en 1986 organizaronse para artellar o NON a entrada do Estado español na OTAN.
A asemblea, que foi moderada por compañeiros non pertencentes a EU, propuxéronse diversos temas de debate e propostas programáticas orientadas a buscar unha forza política que sexa capaz de enfrontarse a situación actual do sistema capitalista. Algunhas destas propostas foron:
- Independencia do poder xudicial
- Reforma do estado
- Nova lei electoral (1 persoa = 1 voto)
- Con fondos públicos se subvencione medios de comunicaciñon non debería aparecer na Constitución.
- Mínimo exigible o goberno para gasto público debería estar na Constitución.
- Exigir política de planificación ás grandes empresas que xeren emprego e benestar social
- Creación dunha banca pública, reformas no sistema financeira
- Maior control das ICAP
- Recuperación do Imposto do Patrimonio
- Obrigatoriedade de un mínimo inversión de I+D
- Luita contra a economía sumerxida.
- Límite ó gasto militar
- Prohibición na C a conxelación das pensións
- Tasa TOBIN.
- Sair da OTAN
- Non participar en institucións militares. Construir un frente pacifista
- Homoxeneizar as condicións laborais de forma internacional. Os produtos que se vendan no mercado internacional ten que cumprir un requisitos.
- Para xerar empresas necesítase poder adquisitivo= vía salarios e redistribución da renda, impuestos progresivos.
Na asemblea, presidente do Comité de empresas do 061 informou da folga do sector convocada ante o feito de que estamos a padecer recortes no servicio de ambulancias. En pontevedra en 5 localidades estase a recortar unha ambulancia nocturna. 12 ambulancias asistenciais por ratio de población en Vigo, cos recortes quedarán soamente 3. Os asistentes amosaron a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do 061