ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIARÁ ACTIVAMENTE AS MOBILIZACIÓNS SINDICAIS DO 19 DE FEBREIRO PERO LEMBRA QUE O OBXETIVO INELUDIBLE TEN QUE SER A FOLGA XERAL

EU da comenzo a unha campaña de sensibilización social editando un cartel lembrando a figura de Marcelino Camacho, autor de varias folgas contras as políticas regresivas do goberno e que entendía a Folga Xeral como un medio imprescindible para concienciar á clase obreira.

Para ESQUERDA UNIDA non é verdade que o texto elaborado polo Executivo de Mariano Rajoy vaia a xerar máis emprego, ao contrario, fai o despedimento máis fácil e máis barato, legaliza o traballo precario, acaba coa negociación colectiva e converte aos parados con prestación en voluntarios forzados.

O plan do Goberno Rajoy trata de enfrontar aos parados cos traballadores, coma se uns debésenlles algo aos outros; fai o despedimento máis barato e máis fácil para que algunhas empresas, mesmo sen perdas, poidan despedir máis. Ademáis concreta as razóns obxectivas do despedimento procedente, o que implica que calquera empresa, aínda que non teña perdas reais, pode despedir aos traballadores.

Igual de grave é que a eliminación da autorización administrativa para levar a cabo os expedientes de regulación de emprego ERE e que as indemnizacións por despedimento improcedente pasen de 45 a 33 días por ano traballado.

ESQUERDA UNIDA recorda que a reforma deixa fóra da negociación colectiva a máis do 85% dos traballadores que están nas pequenas e medianas empresas, onde nunha porcentaxe altísima non hai representación sindical, polo que quedan en mans do que se decida en cada empresa ou cada lugar. Os traballadores quedan máis indefensos ante a propia empresa.

Relacionados