Ante o comunicado presentado onte por CCOO sobre a presencia de traballadores estranxeiros no sector do metal sen cumplir o convenio colectivo manifestamos:
- O noso total apoio o manifesto, o cal consideramos adecuado, oportuno e que pon en liza o verdadeiro problema presente no sector: o incumprimento patronal do convenio en base a explotar traballadores inmigrantes e empregalos como arma arroxadiza contra os traballadores locais. Vindicar iguais salarios e dereitos entre os traballadores independentemente do seu país de orixe non é so defender a legalidade senón e ser fieis a máis digna tradición da clase obreira, o internacionalismo proletario e a solidaridade de clase.
- É absolutamente temerario que forzas sindicais plantexen este problema, presente no sector dende fai anos, a escasas 24 horas do inicio da folga convocada no sector, xa que se pode malinterpretar ou intencionadamente manipular pola prensa e a patronal como fixeron de feito deleznable no recente conflicto da NAVAL de SESTAO, onde a prensa titulou a mobilización obreira por un feito similar como “primeira folga de carácter racista do estado”. A responsabilidade sindical nestes momentos somentes pode traducirse na firma do manifesto que tedes presentado.
- EU-IU de Vigo suscribe a totalidade do documento e anima a que sexa a punta de lanza de loita contra propostas ultramontanas coma a Directiva Bolkestein de liberización de servizos que unha e outra vez intentan aprobar no Parlamente Europeo.