ESQUERDA UNIDA DE VIGO APOIA A FOLGA DO SECTOR NAVAL CONVOCADA MAÑÁ POR CCOO.

Rubén Pérez: “Asistimos a un roubo e descapitalización de estaleiros sen parangón dende a reconversión naval”

Vigo, 21-07-2021. O coordinador local de EU en Vigo e concelleiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, que asistirá as concentracións de mañá xoves, considera que coñecer que os donos de Barreras hipotecaron os terreos do estaleiro en favor da naviera construtora do IVRIMA “é dunha gravidade que debería ter consecuencias cando menos penais”.

Esquerda Unida de Vigo se sumará á folga convocada no sector naval privado da ría de Vigo e afirma que “é oportuna, necesaria e ten que servir para concienciar á cidade de que se perdemos o tecido industrial, o sector da construción naval da cidade terá un serio problema de viabilidade económica futura” apunta o Coordinador local.

Para Esquerda Unida, “a deixación de funcións das administracións públicas implicadas no sector industrial da construción naval, cando non a operatividade á contra de administracións como a Autoridade Portuaria no caso de Vulcano – sinala Pérez – é a mostra palpable que a cidade ten que volver a quentar as rúas e defender un sector económico que aporta e pode aportar salarialmente ao PIB da cidade unha cantidade inxente de recursos que coloque de novo a Vigo á fronte das áreas económicas de Galicia”.

EU pide que se abra xa a vía xudicial contra a “xestión desastrosa e descapitalizadora” do fondo Oaktree e Ritz Carlton e que se explore dende xa a incorporación do estaleiro como empresa pública adscrita á SEPI, “de donde nunca tivo que ter saído nos anos 90” suliña Rubén Pérez. “Evitar que especuladores, empresarios ineptos e advenedizos semellantes sigan parasitando un sector esencial para a economía viguesa é prioritario” conclúe.

Relacionados