ESQUERDA UNIDA DE VIGO ANTE AS CONDEAS A SINDICALISTAS DE CIG E CCOO

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE A RADICALIZACIÓN XUDICIAL CONTRA OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTA CIDADE EN LOITA POLOS SEUS DEREITOS COMO UNHA ANTESALA A UN MODELO DE SOCIEDADE PERIGOSA

EU solidarizase cos compañeiros da CIG e CCOO que veñen de ser condeados en dóus procesos xudiciais por incidentes nas Folgas do Metal e do Naval destes anos. Curiosamente líderes sindicais como Ramón Sarmiento de CCOO e Antolín Alcántara da CIG, nesa oscura teima de descabezar o movemento sindical.

O coordenador local de EU en Vigo, Rubén Pérez, traballador do sector do metal e que estivo nas mobilizacións donde se produciron os incidentes considera que os participantes fomos centos de traballadores e que os “cabezas de turco” fóron os encausados polo que a petición de meses de cárcere nun proceso, e 5 anos de prisión a Antolin Alcántara da CIG no outro é claramente un intento de amedrentar ao movemento obreiro desta cidade na liña de advertir “que se facemos esto con dirixentes sindicais que non faremos con cadros e delegados”. EU considera que o conflicto naqueles días estaba totalmente enquistado polas provocacións constantes da patronal do sector e que a reacción dos traballadores e traballadoras despois de días e día de conflicto foi entendible.

O conflicto social neste país, con 300.000 personas en desemprego, nunha comarca onde perdéronse case 10.000 postos de traballo no sector naval, con niveis de pobreza infantil e desamparo social alarmantes, vai a ir en aumento e polo tanto a represión e a criminalización do movemento obreiro non son máis que “deitar gasolina no lume”. Os traballadores e traballadoras, como o están amosando estes días os mineiros asturianos e leoneses, non van ficar estáticos mentres un goberno rapiña dereitos e recorta liberdades.

EU pide a anulación dos xuizos e o respeto xudicial á lexítimo dereito á folga, a representación sindical e aos máis básicos dereitos constitucionais

Relacionados