ESQUERDA UNIDA DE VIGO ALERTA DOS PROBLEMAS DE XESTIÓN DOS ERES DA PROVINCIA NOS SERVICIOS PÚBLICOS DE EMPREGO

EU DE VIGO ALERTA DE QUE EXISTEN CENTOS DE TRÁMITES SEN XESTIONAR DE ERES DE SUSPENSIÓN (POR HORAS E DÍAS) QUE ESTAN RETRASANDO PAGOS DE PRESTACIÓNS A MOITOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DA COMARCA ATE TRES MESES.

Para ESQUERDA UNIDA de Vigo os recortes nas plantillas, os erros nos programas de xestión das altas e baixas dos EXPEDIENTES DE REGULACIÓN e a falla de planificación do INEM e do SERVICIO GALEGO DE COLOCACIÓN están xenerando retrasos que en ocasións superan os tres meses e que supoñen para os traballadores e traballadoras en ERE serios problemas ás súas economías e indefensión ante a demanda de información ao estar “continuamente saturadas as liñas telefónicas de información” habilitadas polos servicios públicos de emprego

Para EU é inconcebible que cun aumento de máis dun 99% nos ERES na comarca, nunha provincia onde este ano están abertos 942 expedientes non se reforcen os servicios públicos de emprego e a falla de personal para xestión dos trámites aumente cada día sen que se cubran baixas e reposicións por traslados ou xubilación

EU considera imprescindible nesta coxuntura reforzar os servicios públicos de emprego e as plantillas de organismos como FOGASA ante o feito de que laboralmente, moi dispares e complexos en ocasións ao responder ás necesidades productivas das empresas e a súa estacionalidade.

A situación económica catastrófica que se aventura para o último trimestre do ano debería obrigar a un goberno que se dí sensible aos problemas dos cidadáns a non deixar no “abandono administrativo” aos traballadores e traballadoras que aínda conservan os postos de traballo cun sacrificio económico e laboral evidente como son os EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO de carácter temporal.

Relacionados