ESQUERDA UNIDA DE VIGO ACUSA A CABALLERO DE “APUNTARSE A REFORMA LOCAL” DO PP QUE DI REXEITAR NO TOCANTE A ORZAMENTOS

EU denuncia que en vez de negociar os ORZAMENTOS 2014 co resto dos grupos municipais, ao non ter maioria, pretente prorrogar os de 2013 a sabendas que a reforma local que ven de aprobar o PP vaille permitir aprobar en xunta local un novo orzamento en 2014 sen precisar do acordo do pleno.

Para o coordinador local de EU en Vigo a reforma do PP (Lei 27/2013, de 27 de dicembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local) é meridianamente clara neste aspecto, e na disposición adicional decimosexta. “Mayoría requerida para la adopción de acuerdos en las Corporaciones Locales”. Indica textualmente:

1. Excepcionalmente, cuando el Pleno de la Corporación Local no alcanzara, en una primera votación, la mayoría necesaria para la adopción de acuerdos prevista en esta Ley, la Junta de Gobierno Local tendrá competencia para aprobar:

a)      El presupuesto del ejercicio inmediato siguiente, siempre que previamente exista un presupuesto prorrogado.

b)      Los planes económico-financieros, los planes de reequilibrio y los planes de ajuste a los que se refiere la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril.

c)      Los planes de saneamiento de la Corporación Local o los planes de reducción de deudas

d)      d) La entrada de la Corporación Local en los mecanismos extraordinarios de financiación vigentes a los que se refiere la Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, y, en particular, el acceso a las medidas extraordinarias de apoyo a la liquidez previstas en el Real Decreto-ley 8/2013, de 28 de junio, de medidas urgentes contra la morosidad de las administraciones públicas y de apoyo a Entidades Locales con problemas financieros.

ESQUERDA UNIDA considera que esta lei do PP reforza a figura presidencialista do alcalde, furtando ao pleno da capacidade decisoria en materia de orzamentos, estado do endebedamento e mesmo información sobre o estado da tesourería polo que “o mellor xeito de enfrentarse a esta lei” é esencialmente dotar ao pleno do poder decisorio evitando empregar a Xunta de Goberno Local como instrumento de poder absoluto.

EU igualmente denuncia que o modelo proposto polo goberno significará unha gran ineficiencia na prestación de servizos básicos (recollida e tratamento residuos sólidos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario auga potable, acceso aos núcleos de poboación e  pavimentación das vías) pero tamén nas prestacións sociais fundamentais para millóns de cidadáns. Servizos de atención domiciliaria, teleasistencia, menores, discapacidade, inclusión de inmigrantes, infancia, dependencia, maiores… deixarán de ser prestados desde o coñecemento que proporciona a proximidade, perderán a súa calidade e eventualmente poderían deixar de dar cobertura a moitos cidadáns. Ineficiencia e maior custo para os cidadáns é a paradigma orientativo do proxecto de lei do goberno.

EU seguirá denunciando esta lei mordaza da autonomía local do PP ante a cidadanía viguesa.

Relacionados