Para o candidato de Esquerda Unida, Rubén Pérez a investigación científica ten demostrado que a capacidade de sufrimento non é exclusiva dos seres humanos. Na nosa cidade moitas persoas xa son conscientes diso e actúan en consecuencia. Entre a mocidade emerxe ese novo criterio de respecto a outros animais non humanos. O aumento de persoas vexetarianas, apenas existentes noutros tempos, a loita pola abolición da tortura animal e a desaparición do gusto por actividades que contemplan a morte de animais, dan mostra diso.
Doutra banda debemos valorar o carácter terapéutico dos animais domésticos. Moitos se converten nos únicos compañeiros de persoas solitarias, fundamentalmente anciás. A compañía que achegan diminúe os casos de depresión nestas persoas e tívanlles a saír das súas casas coa escusa do paseo das súas mascotas.
Con todo as cidades e pobos, os seus servizos públicos, non están amoldados ás necesidades das persoas con animais domésticos. O transporte público colectivo non admite o acceso de cans na maioría dos seus servizos. Isto contrasta cunha gran parte de cidades e países do resto de Europa onde os animais domésticos son ben acollidos nos transportes públicos e restaurantes.
Por todo o referido, desde EU proponse as seguintes medidas de aplicación no municipios Vigo:
- Prohibirase dar morte a calquera animal doméstico ou salvaxe que non supoña ningún perigo grave para a saúde pública, exceptuando algúns tipos de eutanasia que teñen como fin acabar co sufrimento de animais enfermos. Por tanto os parques zoosanitarios deixarán de ser un servizo de exterminio.
- Establecerase a cogestión dos parques zoosanitarios con asociacións protectoras de animais para evitar, entre outras cousas, abandono de animais, malos tratos, perigo de epidemias e sobrepoblación de animais rueiros.
- Promoverase o control dos animais domésticos aplicando a normativa vixente de obrigatoriedade do uso do microchip en cans, gatos e hurones.
- Promoción de campañas de concienciación da cidadanía sobre o dereito de todos os seres vivos a ter un trato respectuoso.
- VIGO ANTITAURINO. Polo tanto, non se financiará nin se dará publicidade ás corridas de touros, ás penas taurinas
ou ás escolas taurinas se se creasen. - Protección de especies protexidas que viven no hábitat urbano mediante a catalogación das mesmas e dos seus
hábitats, a realización de campañas de información e sensibilización, e a adopción de medidas urbanísticas e nas ordenanzas de construción para a protección dos devanditos hábitats. - Colaboración con outras administracións públicas para o control do tráfico ilegal ou liberación de especies exóticas.
- Facilitar a vida cotiá a aquelas persoas que teñen animais domésticos: permitir aos cans viaxar nos transportes públicos como sucede noutros territorios europeos, ou crear gardarías para que se poidan deixar os animais domésticos durante estancias curtas ou vacacións, evitando o abandono.
- Vigo non dará licenza a espectáculos circenses que utilicen animais nas súas actuacións.